20/6/18

A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín onde puidemos coñecer a vida diaria dos nosos antepasados no rural galego. 

Unha das partes que máis nos chamou a atención foi a cociña tradicional, exenta das comodidades e da tecnoloxía de hoxe. Os nenos dificilmente imaxinaban a tarefa de preparar as comidas nela.




Despois de comer, custa facerse á idea de lavar a louza como antano, ou de como transportaban os alimentos...



Tamén coñecemos a rústica cociña dos antigos castrexos:


O proceso de elaboración do queixo xa é ben coñecido polos nosos alumnos, e aquí coñecemos ademáis algunhas das variedades máis típicas da nosa comunidade.


O proceso tradicional de elaboración do pan era certamente máis laborioso daquela que hoxe, pero tamén o produto final non ten comparación. Os nosos alumnos amosaron a súa maña para elaborar o mellor pan artesán:








O noso percorrido "gastronómico" pola Casa do Patrón rematou descubrindo os antigos usos agrícolas para facilitar a colleita e obter os produtos do noso campo:




Foi realmente un fantástico broche final ao noso Plan Proxecta e a este curso 2017/18, ata pronto!


Se queredes ver como despedimos o curso na Casa do Patrón, premede aquí.



8/6/18

VENRES DE LÁCTEOS

Entre maio e xuño organizamos no noso colexio os "venres de lácteos", nos que os nosos alumnos tiveron unha merenda diferente degustando diferentes produtos elaborados con leite de ingrediente principal.


Comezamos o primeiro venres cun vello coñecido: o iogur.


O segundo venres cremosos queixiños.


Para o terceiro novamente iogur, pero para beber.


No cuarto probamos o queixo fresco, unha novidade para moitos.


O quinto venres tomamos un traguiño do noso bo leite.


E o sexto e último venres, un delicioso queixo de leite de vaca. Todo un éxito.


Para rematar esta saborosa actividade, os nenos de infantil traballaron cos amenos e instrutivos libros "De onde vén o leite", publicados por Feiraco. Aprenderon moito e pasárono xenial!





Se queredes ver a galería dos nosos venres de lácteos, premede aquí.


25/5/18

FESTA DO PEIXE

Como cada primavera, o veciño concello de Bande celebra a Festa do Peixe, evento de Interese Turístico de Galicia que xa vai pola súa XLVII edición. Para achegar a festa aos máis pequenos, a organización convoca un concurso de debuxo escolar, "O Peixiño", no que participamos todos os colexios da comarca da Baixa Limia.



Pareceunos unha ocasión perfecta para traballar na aula de infantil cos alimentos que proveñen dos nosos ríos e mares, tan importantes na nosa gastronomía e cultura, e que ás veces son un pouco descoñecidos ou pouco atractivos para os máis cativos. Nesta tarefa identificamos diversos produtos, poñemos en común as nosas experiencias e gustos, e falamos un pouquiño das propiedades e beneficios de consumir estes manxares acuáticos.





Este ano O Peixiño foi do máis saudable!





15/5/18

HEALTHY FOOD IN MUÍÑOS

No CEIP Valle-Inclán non paramos de aprender cousas novas, e nesta ocasión aprendemos unha lección do máis saudable na clase de inglés. Con todo o vocabulario dos alimentos que coñecemos (que non é pouco), pasamos á acción: imos imaxinar que viaxamos a un país de fala inglesa e queremos comer saudable, saberemos arranxarnos?

First step: setting the table...
Primeiro paso: poñendo a mesa...



Knife, fork, spoon...
Coitelo, garfo, culler...


We will need a glass too.
Necesitaremos un vaso tamén.


We prepare and select some healthy food...
Preparamos e seleccionamos alimentos saudables...



And finally we design our healthy dish.
E finalmente deseñamos o noso prato saudable.




It looks really good!
Ten moi boa pinta!





Os alumnos de primaria pasárono xenial aprendendo a ser auténticos "healthy cooks"!





27/4/18

SEGUNDA QUINCENA DA FROITA NA ESCOLA

Do luns 16 ao venres 27 de abril gozamos no CEIP Valle-Inclán da segunda quincena da "Froita na Escola" con saborosas novidades. Nas xa saudables merendas dos nosos alumnos tentamos introducir novos sabores e texturas que case sempre supoñen agradables sorpresas.



Na primeira semana a protagonista foi a piña, pero non a piña de lata que case todos coñecemos, senón unha auténtica piña natural no seu perfecto punto de maduración, que resultou un auténtico éxito.




Os amorodos non foron novidade porque os nosos alumnos son os "fans" número 1 desta saborosa froita.




O mango foi a novidade máis exótica da quincena, e todos lle intentaron atopar semellanzas con outras froitas... E ao final decidiron que o mango sabe a mango. Moi bo por certo.




E para rematar as novidades da quincena, adiantamos a tempada da sandía e do melón cuns riquísimos froitos no seu punto.







Para despedir esta fantástica experiencia da "Froita na Escola", gastamos un poquiño da enerxía saudable que temos acumulada xogando unha partida ao "Picnic Enredado", unha divertida variante do "Twister" na que temos que coñecer moi ben os diferentes tipos de alimentos.




E como relaxante broche final, os alumnos de primaria compartiron cos seus compañeiros de infantil uns preciosos poemas do noso paisano Xoán Carlos Domínguez Alberte, que no seu último libro "Versos para conversar" dedica unhas belas liñas aos froitos da nosa terra.







Se queredes ver a galería da nosa segunda quincena da froita, premede aquí.



A CASA DO PATRÓN

O mércores 20 de xuño fixemos a moi agardada excursión de fin de curso á Casa do Patrón, un magnífico museo etnográfico moi preto de Lalín ...